domingo, 26 de enero de 2014

PERSONAXES DA CIENCIA

          ISAAC NEWTON (1642-1727)

Considérase o físico máis importante de todos os tempos, e quizais o científico máis influente que teña existido.
Realizou innumerables achegas en diversos campos da Física e das Matemáticas.
Neste momento interésannos as súas achegas no campo da óptica. Realizou experimentos con prismas. Demostrou que a luz do Sol, ao atravesar un prisma, se descompoñía en diferentes cores. Por outra parte, cando este feixe de luz descomposto en feixes de distintas cores atravesaba outro prisma invertido respecto do primeiro, volvía dar lugar a un feixe de luz branca.



          
      File:Prism-rainbow.svg   

Busca información e escribe un comentario  contando algún outro experimento que fixera Isaac Newton.


No hay comentarios:

Publicar un comentario