jueves, 7 de noviembre de 2013

HISTORIA DA ECOLOXÍA

O termo ecoloxía foi inventado polo zoólogo alemán Ernst Haeckel no ano 1869, e é a ciencia que se ocupa das relacións dos seres vivos co medio e cos otros seres  vivos.

A principios do século XX, os ecólogos, os botánicos e os zoólogos comezan a intercambiar as súas experiencias e a comprender a interacción das súas disciplinas. A partir deste momento, empézase a falar da Ecoloxía como ciencia.

Pasada a primeira metade do século XX, os efectos da industria sobre o medio natural comezan a ser devastadores e faise necesaria a intervención dos estados para protexer os espazos naturais, a limpeza do aire, as especies, etc. Estes feitos espertaron a conciencia dos cidadáns e deron lugar ao movemento ecoloxista, que se apoia na ecoloxía como ciencia, aínda que non debe confundirse con esta.


Que podes facer ti  en favor do noso medio natural? Responde cun comentario.

1 comentario: