Galicia é un país aberto ao mar e ten 1.309 km de liña costeira. En moitos tramos da costa galega alternan as zonas altas e rochosas coas baixas e areentas. Ás veces, as caídas da terra ao mar son impresionantes, como na Capelada, preto do cabo Ortegal, donde os cantís superan os 600 m de altura, os máis elevados de Europa occidental.