Vexo a Terra, é tan fermosa...
Estas palabras pronunciounas o astronauta
Iuri Gagarin, o primeiro home que voou ao espazo, a bordo da cápsula espacial que o levaba, a
Vostok I. Ata ese momento, ninguén tivera o privilexio de contemplar o noso planeta desde o espazo.
Desde aquela, moitos astronautas contemplaron a Terra. Descríbenna coma unha esfera de cor azul na que se observan pinceladas marróns e verdes. Está envolta por farrapos abrancazados. Nos bordos da esfera nótase un fino veo de cor azul escura. Por fóra só queda a escuridade do espazo, salpicada polas estrelas.
Responde:
1.- A que se deben as cores azul, marrón e verde que se observan desde o espazo?
2.- A quen se refire a expresión "farrapos abrancazados"?
3.- Que será "o fino veo azul escuro
".